Saltar ao contido

Peros Banhos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaPeros Banhos
Imaxe
Tipoarquipélago Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaArquipélago Chagos Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaTerritorio Británico do Océano Índico Editar o valor en Wikidata
Mapa
 5°20′S 71°51′L / -5.33, 71.85
Bañado porOcéano Índico Editar o valor en Wikidata
Mapa de Peros Banhos

Peros Banhos, Pedro dos Banhos[1] ou Baixo de Pero dos Banhos[2] nos mapas antigos, é un atol deshabitado no Arquipélago Chagos no Territorio Británico do Océano Índico.

A Île Yeye, que se atopa na esquina nordeste do atol, é a illa das Chagos que está máis preto das Maldivas.[3] A distancia entre a Île Yeye e Gan Island no Atol Addu é de 523 km.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O atol ten unha superficie total de 503 km², pero unha superficie de terra de só 13 quilómetros cadrados, composto por uns 32 illotes. Os 490 km² da superficie restante, están ocupados pola lagoa, que está conectada co mar aberto, e o arrecife plano.

Peros Banhos é un atol coralino de tamaño mediano rodeado por un arrecife de coral, similar ao da veciña Maldivas. O diámetro da lagoa, coñecida como Baie de Peros Banhos en francés, está por encima dos 20 km. O arrecife circular está afundido no seu bordo suroriental. Todas as illas son planas e areosas e as máis importantes están cubertas con cocos.

A illa máis grande e máis importante do grupo é a Île du Coin. Era a base da Colonia Perch desde onde drixíansen as plantacións de coco do atol. Esta illa era o principal porto do atol e tiña un peirao de carga e descarga de mercancías.

A Île du Coin foi a única illa na que houbo un asentamento permanente en Peros Banhos. Outras illas importantes do atol tiñan edificios nelas e estaban habitadas ocasionalmente, eran Grande Soeur, Île Diamant, Île Manoël e Île Pierre. Todas estas illas formaban parte da antiga plantación de cocos rexentada desde a Île du Coin.

Desde os primeiros mapas que foron publicados a metade do século XIX, producíronse algúns cambios na xeografía deste atol. A Île St. Brandon, que estaba cuberta con cocos cando fíxose o primeiro estudo deste atol, é agora só un banco de area. Doutra banda, no bordo occidental de Peros Banhos, a illa ao norte de Île Verche era só un pequeno banco de area no momento do estudo do Comandante Robert Moresby en 1837, agora é unha illa de tamaño medio cuberta de vexetación.

Peros Banhos foi descuberto en 1513 polo navegante portugués Afonso de Albuquerque. O nome deste atol derívase de "Pêro dos Banhos", o nome doutro navegante portugués [Cómpre referencia] que morreu despois de que o seu barco encallara neste atol.[Cómpre referencia]

A descrición máis temperá e máis interesante de Peros Banhos foi escrita por Manoel Rangel en «A Tragédia dos Baixos de Pero dos Banhos». El era un náufrago do barco portugués Conceição ao mando do capitán Francisco Nobre, que encallou e rompeu nos arrecifes de Peros Banhos en 1556.[4]

Quedaron 165 sobreviventes nunha illa plana de area en Peros Banhos antes de que houbese cocos, entre eles dúas mulleres e cinco sacerdotes católicos. Rangel menciona que había malas herbas e pastos, e que ao redor de dez mil aves vivían nesa illa. Mentres que houbo aves os náufragos sobreviviron, pero comezaron a morrer en grandes cantidades logo de comer a maior parte da poboación de aves.

Segundo Manoel Rangel había auga potable que se atopaba cavando pozos pouco profundos na area. Tamén moitas tartarugas poñian ovos na praia da illa.[5]

Desde 1756 Île du Coin foi o fogar dunha poboación de ata 500 persoas. A maioría dos habitantes, os ilois, foron os traballadores das plantacións de coco e da industria produtora de aceite de coco. Os ilois eran cristiáns e había igrexas e escolas primarias ata a súa expulsión. A súa lingua era un Crioulo versión do francés, coñecido como crioulo de Chagos. Había unha pequena illa poboada chamada illa Diaño no noroeste do atol. O nome deste illote suxire que houbo algunhas crenzas folclóricas locais.

Moresby Island, no extremo norte do atol de Peros Banhos leva o nome de Robert Moresby, un hidrógrafo británico que fixo o primeiro estudo preciso do Arquipélago Chagos en 1837. Logo da inspección de Moresby, o primeiro mapa detallado do Atol Peros Banhos foi publicado polo Servizo Hidrográfico da Indian Navy.

En 1970, toda a poboación do Atol Peros Banhos foi expulsada polo Goberno británico e enviada a vivir en Mauricio. Máis recentemente, as illas foron consideradas como un posible lugar para o reasentamiento, aínda que o acceso está prohibido.

Reserva natural

[editar | editar a fonte]
Reserva natural do Atol Peros Banhos

O atol está dividido por unha liña trazada entre o punto máis oriental da terra en Moresby Island (ao norte) e o punto máis oriental da terra en Fouquet Island (sur) que marca na parte leste a Peros Banhos Atoll Strict Nature Reserve.[6] A entrada e calquera actividade nesta e noutras reservas naturais estritas, está prohibida polo Territorio Británico do Océano Índico, mesmo a 200 metros das illas.

Recoméndase aos navegantes de recreo e deportivos non ancorar dentro dos límites da Reserva Natural do Atol Peros Banhos.

Lista das illas

[editar | editar a fonte]

Cuns 32 illotes, o atol de Peros Banhos abarca aproximadamente a metade de todas as illas do arquipélago de Chagos. As illas e illotes individuais se enumeran segundo as agullas do reloxo, comezando no sur:

Bordo Suroeste (entre o canal sur e o Paso da Île Poule)

[editar | editar a fonte]

Bordo Noroeste (entre o Paso da Île Poule e o canal Moresby)

[editar | editar a fonte]

Parte oriental (ao leste do canal sur e o canal Moresby)

[editar | editar a fonte]

O Paso da Île Poule tamén se chama Passe Elisabeth nos mapas antigos.

As illas na parte oriental son parte da Reserva Natural Estrita de Peros Banhos, excepto Île de la Passe e a illa Moresby.

  1. Particular plans of islands, rocks, and shoals in the Indian Ocean
  2. "Portuguese Indiamen Shipwrecks". Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2013. Consultado o 30 de decembro de 2012. 
  3. Xavier Romero-Frias (1999). The Maldive Islanders, A Study of the Popular Culture of an Ancient Ocean Kingdom. Barcelona. ISBN 84-7254-801-5. 
  4. "António Sérgio, História Trágico-Marítima, Livraria Sá da Costa, 1934". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 27 de agosto de 2018. 
  5. Bernardo Gomes de Brito. Historia Tragico Maritima. Em que se escrevem chronologicamente os Naufragios que tiverao as Naos de Portugal, depois que se poz em exercicio a Navegaçao da India. Lisboa 1735
  6. "Conservation and Management in British Indian Ocean Territory (Chagos Archipelago)" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de novembro de 2012. Consultado o 30 de decembro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • R.P. Roger Dussercle S. Sp., "Archipel de Chagos", En 'Mission 10 de novembro 1933 – 11 xaneiro de 1934, Port Lois – Île Maurice: The General Printing & Stationery Cy. Ltd., T. Eclapon, Administrateur, MCMXXXIV

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]